Ardora leva máis de vinte anos impartindo para a administración galega os cursos habilitantes para a obtención dos certificados de mariscador/a e percebeiro/a. Os cursos constan dun programa oficial que inclúe os módulos de Produción e xestión do recurso, Organización, Comercialización, e Seguridade e Prevención de Riscos Laborais.